PUBLICIDAD
| O Prestige navega polas dependencias xudiciais |
| Jueves, 01 de Diciembre de 2011 08:57 | |||
|
Pronto comezará o xuizo oral na Audiencia provincial. Fai nove anos que na Costa da Morte sufrimos o pesadelo do Prestige, pero o asunto seguen mans da xustiza. De feito, os case 300.000 folios que compoñen o procedemento do Prestige foron trasladados hoeste mércores á Audiencia provincial da Coruña, que fixará a data de celebración do xuízo oral.
No procedemento hai máis de 2.000 partes personadas e consta de 153 tomos de peza principal, dous tomos de pezas de situación persoal, 168 tomos de responsabilidade civil, 35 tomos de pezas separadas do personamento e 27 pezas documentais separadas.
Por este motivo a Xunta de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordaron formar un grupo de traballo que se encargará “desde xa de xestionar toda a intendencia preparatoria do xuízo, dada a súa magnitude, determinando as necesidades organizativas que se plantexan ante a dimensión do proceso, tales como o lugar onde se celebrará e os medios materiais e humanos que serán precisos.
O Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda e o Presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas participaron na primeira xuntanza desta comisión mixta.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









