|
O culebrón político que se vive en Corcubión segue ocupando a atención das altas esferas dos partidos políticos en Galicia, e sobor de todo, fai agromar distintas interpretacións entre PSOE e BNG. Logo de marcha do histórico Rafael Mouzo este pequeno concello volve a actualidade. A lista máis votada foi a socialista, aínda que o BNG quitou os mesmos catro concelleiros. Os nacionalistas pactaron co Partido Popular e acadaron a alcaldía. Agora a popular Gema Freire quere renegociar o pacto e socialistas e nacionalistas amosan as súas diferencias nos medios de comunicación. Nesta xornada, o secretario xeral do PSdG-PSOE, Ricardo Varela puxo máis carne no asador, calificando de impresentable a postura do Bloque e dirixindo unha mensaxe directa o mesmo Anxo Quintana:"A autoridade e credibilidade de Quintana están en cuestión en Corcubión e polo tanto en toda Galicia porque el foi o asinante deses acordos e debe responder polo seu cumprimento".Reproducimos a nota de prensa do Partido Socialista coas declaracións de Ricardo Varela.
O secretario de Organización do PsdeG-PSOE, Ricardo Varela, considera que é "impresentable" que o BNG incumpra os pactos municipais que asinou cos socialistas, e critica que poña unha excusa "de mal pagador" á hora de xustificar esta actitude.Varela asegura que que é o BNG o que incumpre os pactos municipais en Corcubión, Muros e Porto do Son con gobernos de coalición co PP, co que mantén "dous discursos sobre a dereita, un cando fai oposición e outro cando lle convén".
No caso de Corcubión prodúcese a renovación do Goberno local, continuou, e xa que logo afirmou que os nacionalistas teñen "unha segunda oportunidade" para cumprir o compromiso municipal de apoiar ao candidato da forza máis votada en cada Concello das asinantes do pacto, neste caso ao socialista, subliñou."Non hai ningunha xustificación para non cumprir con eses acordos", alegou Varela, quen considerou unha "desculpa de mal pagador e unha coartada para tratar de xustificar o inaceptable incumprimento de acordos".
Ao seu xuízo, a "autoridade e credibilidade de Quintana están en cuestión en Corcubión e polo tanto en toda Galicia porque el foi o asinante deses acordos e debe responder polo seu cumprimento".En resposta á alegación do BNG de que o anterior alcalde era nacionalista e o seguinte tamén o sera, Varela apuntou que o ex rexedor xa ocupaba o cargo desde a "ilexitimidade" polo "incumprimento do acordo". "É unha xustificación peregrina", engadiu.Sobre a crítica do BNG de que foi o PSOE o que incumpriu os acordos municipais ao negarse a que a presidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias fose rotatoria e correspondese o primeira vez ao BNG, Varela argumentou que esa rotación estaba condicionada a que os tres partidosa acordasen, extremo que non ocorreu.
|