PUBLICIDAD

Banner
Marcador Deportivo
Usar puntuación: / 1
MaloBueno 
Domingo, 22 de Enero de 2012 20:55

DSC03195

Resultados fútbol e crónica Carballo Basket.

Terceira División

Bergantiños-0-Cerceda-2-

Negreira-3-Sanxenxo-0-

 

Preferente

Laracha-1-Grixoa-0-

Narón-1- Santa Comba-0-

Xallas-0-O Val-1-

Dumbría-1-Dubra-1-

Soneira-3-Mugardos-0-

 

Primeira Autonómica

 

Atlético Riveira-2-U.C. Cee-1-

Ponteceso-2-Perlío-1-

 

Segunda Autonómica

 

Corcubión-0-Club do Mar-1-

Buño-0-Camariñas-3-

Baio-4-Sofán-0-

O Pindo-0-Corme-1-

Natón-2-Fisterra-1-

Mazaricos-2-Esteirana-1-

San Lorenzo-0-Dumbría B-1-

Muros-2-Sporting Zas-1-

Castriz-0-Malpica-2-

 

Terceira Autonómica

 

Atlético Pereiriña-0-Cabana-4-

Alcaián-2-Soneira B-2-

Cerqueda-2-Independiente-0-

Volantes-2-Laxe-1-

Coristanco-6-Xaviña-2-

Louro-5-Lira-5-

Corcoesto-3-Carnota-5-

Porteño-1- Fisterra B-1-

Outes-3-Camelle-2-

 

FOTO ARCHIVO

 

CB CULLEREDO 62 - CARBALLO BÁSKET XIRIA 58

 

Marcador: 21-13, 37-24, 51-41, 62-58

Aprétase a clasificación na parte alta de Segunda Autonómica coa

vitoria do CB Culleredo diante do Carballo Básket. Os de Xiria, con

ausencias moi importantes para o partido (sen Roi, Héctor e Fabián),

estiveron contra as cordas no primeiro tempo pero sacaron a casta na

segunda metade e a piques estiveron de lograr unha remontada épica.

Cando menos conseguiron salvar o básketaverage (+6 en Carballo, -4 en

Culleredo) co que estarían en vantaxe no caso dun hipotético empate

final na táboa clasificatoria.

Logo dun inicio cun intercambio de canastras (10-7, m5) os locais

comezaron a mandar na pista grazas á súa férrea defensa, a mellor do

campionato. Ao remate do primeiro cuarto os locais íanse de oito

puntos, diferenza que pronto aumentaron ata os 12 no comezo do segundo

período (27-15, m14). O ataque do Carballo Básket non funcionaba e o

CB Culleredo acadou unha máxima diferenza de catorce puntos contra o

final do cuarto (35-21, m18) que deixaba o partido moi costa arriba

(37-24 no descanso). No terceiro período os de Basilio Pampín buscaron

trocar a dinámica do encontro, cun ataque máis entoado pero sen

conseguir baixar da barreira psicolóxica dos 10 puntos que lograba

manter Culleredo. Os ataques volvéronse máis espesos no comezo do

derradeiro cuarto (parcial 3-4 nos primeiros 5 minutos do último

cuarto para un marcador de 54-45) e a eliminación por faltas persoais

de Carlos Taibo e Marcos Molk no equipo "verde" non facían presaxiar

nada bo para o desenlace. Sen embargo, os rapaces sacaron a casta e

conseguiron meterse no partido nos últimos minutos (59-56, m38). Nese

toma e daca de nervios e tensión a moeda caeu do lado local (62-58)

que iguala ao CBX na terceira posición. Este resultado augura unha

segunda volta da liga de alta intensidade na pelexa por meterse entre

os tres primeiros clasificados.

CB CULLEREDO (21+16+14+11) Rober 14, Sergio Díaz 12, Adrián Vilariño

6, Pablo Somoza 2, Maicol 10 -cinco inicial- Andrés Malpica 5, Santi,

Iago 6, Egidio 2, Monti 5.

CARBALLO BÁSKET XIRIA (13+11+17+17) Fran Cristóbal 8, Abraham, Tato

10, Carlos Taibo 5, Marcos Molk 18 -cinco incial- Alessandro 11, Juan

Fernández, Luis Gómez 2, Adrián Pérez 4.

Arbitros: Seguín e Collazo. Eliminaron a Adrián Vilariño, Egidio e

Róber Carlos Taibo, Marcos Molk.

 
 
Banner

Twitter

Banner

Encuestas

Estas de acuerdo con la moción de censura presentada en Cee
 

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner