PUBLICIDAD
| Xornada deportiva |
| Domingo, 06 de Noviembre de 2011 19:22 | |||
|
Resultados desta xornada futboleira e crónica do Básket Xiria Terceira División Negreira-1-As Pontes-1- Lalín-0- Bergantiños-2- Cerceda-2-Betanzos-0-
Primeira Autonómica Ponteceso-4 -Ribeira- 3- Cariño-2 - Cee-1-
Rexional Preferente Narón-2-Dumbría-1- Bertamiráns-3-Xallas-0- Grixoa-3-Dubra-2- Santa Comba-3-O Val-3- Laracha-0-Compostela-0- Soneira-3-Boiro-2-
Segunda Autonómica- Fisterra-3- Club do Mar-2- Malpica-0-Buño-1- Dumbría B-0- Sofán-1- Sp.Zas-1-Camariñas-2- Muros-2- Baio-0- San Lorenzo-2- O Pindo-0- Mazaricos- 0-Corcubión- 1- Nantón-2 -Castriz- 2- Esteirana- 3- Corme-2 -
Terceira Autonómica Lira-0-Carnota-3- Laxe- 4-Camelle-0- Pereiriña-1-Cerqueda-1- Vlantes-2-Porteño-2- Cabana-3-Soneira B-1- Xaviña-2-Fisterra B-3- Louro-3- Outes-0- Muxía-1- Independiente-3- Coristanco- 5-Alcaián-1 -
FOTO DE ARQUIVO
CARBALLO BÁSKET XIRIA 55 - CB ATOCHA 64
Marcador: 11-17, 28-32, 48-44, 55-64 Primeira derrota no campionato do Carballo Básket Xiria na súa pista e diante do CB Atocha que iguala a catro triunfos cos de Basilio Pampín na segunda posición do campionato. O bo traballo realizado no segundo e no terceiro cuarto quedou borrado por un último período no que a falta de acerto en ataque (4 puntos en 9 minutos) resultou determinante. Frouxo primeiro cuarto dos carballeses que viron como o CB Atocha levaba a iniciativa do xogo dende o inicio para rematar eses dez minutos iniciais cun 11-17. A saída do Xiria no segundo cuarto resulta demoledora e en tres minutos déronlle a volta ao resultado cun parcial de 9-0 (20-17). Sen embargo os coruñeses reaccionan e volven a poñerse por diante cun 2-10 co que collen outra vez o mando no encontro (22-27, m17). O CB Atocha chega a ter sete puntos de vantaxe reducidos a catro cunha tripla de Alessandro na última acción do segundo cuarto (28-32). Os dous equipos saen moi enchufados conscientes da importancia do terceiro cuarto, o Carballo Básket consegue empatar pronto (34-34) e a partir dese intre sucédense as alternativas nuns minutos cheos de intensidade. A aparición estelar do júnior Alessandro (6 puntos no cuarto) posibilita que os locais colleiten a súa máxima vantaxe contra o final do cuarto (48-42, m29) para rematar o terceiro parcial cun 48-44. Todo cambia nun último cuarto moi desacertado en ataque polo bando local. Un punto nos catro primeiros minutos permítelle ao CB Atocha remontar e poñerse por diante (49-50) e xa non perderían a cabeza do partido ata o final. Non houbo maneira de atopar o camiño do aro e os visitantes foron aproveitando a circunstancia para ir aumentando a diferenza conforme se achegaba o final. A falta de dous minutos o parcial no cuarto era de (4-19 ... 53-63) co que quedaba sentenciado o encontro. CARBALLO BÁSKET XIRIA 55 (11+17+20+7) Alessandro 9, Juan Fernández 6, Tato 8, Molk 23, Bruno Calviño 2 -cinco inicial- Fran Cristóbal, Abraham, Roi 2, Luis Gómez 3, Adrián Pérez 2 CB ATOCHA 64 (17+15+12+20) Roberto 4, Dani Cabanas 7, David Pernas 17, Chavi Suárez 20, Carlos López 5 -cinco inicial- Iago López, Iván Suárez, Gonzalo Suárez 9, Mosquera, Puente 2 Arbitros: Galán e Collazo. Pavillón da Zona Escolar. Por debaixo do cento de afeccionados.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









