PUBLICIDAD

Banner
Na memoria de Lois Pereiro
Usar puntuación: / 1
MaloBueno 
Martes, 17 de Mayo de 2011 04:01

das kapital 006

Hoxe é o Día das Letras Galegas.

Por Rafael Lema

 

Coñecín a Lois Pereiro no mundo urbano coruñés e compostelano dos fanzines e os concertos a principios dos noventa. O seu irmán cantaba en Radio Oceano, eu era manager do noso grupo local de rock, co que fixemos en cinco anos ducias de bolos por toda Galicia. E sobre todo, o noso amigo común Arturo Regueiro dirixía o fanzine Das Kapital onde Lois era asiduo colaborador.

 

Asi que coñecín de primeira fonte os seus relatos publicados nesta revista compostelana en 1989 e 1990. Nunha ocasión falamos nun concerto sobre as nosas viaxes a Alemania en 1987, a cultura alemana, e tamén do noso prezado Alemán de Camelle de quen Arturo publicara unha foto en Valiundez, cando eramos moi poucos os que tratabamos ó artista camellán. Os dous daquela publicabamos algunas cousas en Dorna, os primeiros poemas que lin de Lois. Outro dia vin a Lois tras a presentación dun número de Luzes de Galizia, onde colaborabamos algúns poetas da costa por mediación de Rivas que nos levaba ata Sada no seu lexendario e mallado Renault cinco.

 

das kapital 001

 

 

Doume Lois revistas que aínda teño. Ven a Carballo a dar un recital colectivo. Logo, Arturo Regueiro co que estiven bastante unido tres ou catro anos, e nos axudou a botar en marcha a nosa folla poética Blas Espin en 1992, un día díxome que Lois estaba moi mal, que lle quedaba pouco. E deixoume en Vimianzo unha caixa de fanzines dos que eles facian, Das Kapital, Anima+l, Valiundiez, para que lles dese saida.

 

Arturo pediume que os repartira pola costa, que lles quedaran moitas e xa deixaran de publicalas. Polo menos que se leran. Iso fixen, en memoria de Lois. Aínda me quedan un cento delas, e agora abríndoas de novo en Ponte do Porto este día das letras e lendo os relatos de Lois rindo o meu calado homenaxe o poeta, e os amigos daqueles tempos de fanzines e concertos. Un pouco todos nos sentimos representados polo ferido vate nihilista e underground.

 

O doente Lois, a quen non vin nos últimos anos da súa vida, foise, sentiu a necesidade de ser outro, acompañando ós anxos nas súas roldas nocturnas, levando aquelas textos cheos de dor, mestas atmósferas, onde dicía que “o medo é un virus”. Un relato de Lois publicado en Das Kapital no verán de 1989 remataba cunha frase curta, metálica, pero onde abrolla a rosa da esperanza: “Enton, sen máis, sintiu a necesidade de ser outro”.

 

RADIO ANOSACOSTA

Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner
Banner

I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using

Connect with facebook

Facebook Connect

Hi , login or create a new account below

Login

Register

If you already have an account with this website login with your existing user name and password to enable Facebook Connect. From now on you'll be able to use our one click login system with your facebook credentials instead of your current user and password

Alternativley to create a new account using details from your Facebook profile enter your desired user name and password below. These are the details you can use to log into this website if you ever decide to delete your facebook account.

Forgot your password? - Forgot your username?