PUBLICIDAD
| Rafael Lema presenta libro en Xallas |
| Miércoles, 09 de Febrero de 2011 02:46 | |||
|
Este venres, as 20,00h en Ler Librarías de Santa Comba. O Tesouro da Corsaria é unha nova novela xuvenil do escritor de Ponte do Porto Rafael Lema editada na editorial Tambre- Edelvives na súa colección Catavento e vai ser presentada o vindeiro venres día 11 febreiro as 8 da noite en libreria Ler de Santa Comba.
“O tesouro da corsaria” é a parte final dunha triloxía de aventuras mariñas protagonizadas polo corsario de Camariñas da época napoleónica Ambrosio Álvarez Pardiñas, persoeiro real dono do bergantín La Constancia de Galicia con base en Veracruz, tras a publicación de Capitán Araña e Crónicas Corsarias.
Nesta ocasión, o capitán Pardiñas xúntase cunha muller pirata apátrida, de orixe galego-catalán, Sofía Rivas alias A Catalana, para iren polo tesouro dunha famosa pirata, Anne Bonney, nas costas de Norteamérica. A existencia de mulleres piratas e dun importante número de corsarios galegos entre 1770 e 1815 e outro dos aspectos que intenta destacar esta obra.
Nesta xeira sufrirán batallas mariñas, asaltos, naufraxios, ciclóns, a traición, e veranse envoltos en escuras tramas políticas e relixiosas nun mundo envolto nas guerras napoleónicas no ano 1805, o ano de Trafalgar e da batalla de Fisterra, e no agromar dos movementos independentistas americanos. Aínda que os protagonistas e os seus siareiros andan ó seu, a procura dun botín perdido no fondo do mar preto do temible cabo Hatteras, como barcos na tormenta non poden deixar de recibir os refachos das loitas dos poderosos e dos seus contubernios, nun xogo onde os grandes déspotas xogan co pobo como deuses no taboleiro de xadrez.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









