PUBLICIDAD

Banner
Rafael Lema presentou o seu último libro
Usar puntuación: / 4
MaloBueno 
Sábado, 12 de Febrero de 2011 12:48

DSC_0033

“O tesouro da corsaria” presentouse en Santa Comba.

 

A libraría Ler de Santa Comba, que dirixe Isabel Ares, acolleu a presentación do libro “O tesouro da corsaria”, de Rafael Lema. No acto estiveron presentes o candidato a alcaldía de Santa Comba polo PP, Antonio Landeira e mailos concelleiros socialistas José Antonio Ucha(candidato ademáis do PSOE) e Ángel Souto.

 

A presentación correspondeulle o segundo tenente de alcalde xalleiro, o avogado Jacobo Amarelle Barreiro. Amarelle destacou o traballo de investigación do libro “que serve para que coñezamos mellor a época na que se desenvolve, e de gran trascendencia para a historia futura do país, no marco dunha triloxía corsaria na que o autor nos deixa unha nova xoia na literatura de aventuras”.

DSC_0034

Amarelle e Lema tamén destacaron nas súas alocucións a presencia dos arrieiros do Xallas no acarreo e comercio entre a costa galega desde o século XVI ata o século pasado. “O tesouro da corsaria” é a parte final dunha triloxía de aventuras mariñas protagonizadas polo corsario de Camariñas da época napoleónica Ambrosio Álvarez Pardiñas, persoeiro real dono do bergantín La Constancia de Galicia con base en Veracruz, tras a publicación de Capitán Araña e Crónicas Corsarias.

 

Como explicou o autor “Nesta ocasión, o capitán Pardiñas xúntase cunha muller pirata apátrida, de orixe galego-catalán, Sofía Rivas alias A Catalana, para iren polo tesouro dunha famosa pirata, Anne Bonney, nas costas de Norteamérica. A existencia de mulleres piratas e dun importante número de corsarios galegos entre 1770 e 1815 e outro dos aspectos que intenta destacar esta obra”.

 

O autor indicou que “Nesta xeira sufrirán batallas mariñas, asaltos, naufraxios, ciclóns, a traición, e veranse envoltos en escuras tramas políticas e relixiosas nun mundo envolto nas guerras napoleónicas no ano 1805, o ano de Trafalgar e da batalla de Fisterra, e no agromar dos movementos independentistas americanos”.

 

RADIO ANOSACOSTA

Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner
Banner

I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using

Connect with facebook

Facebook Connect

Hi , login or create a new account below

Login

Register

If you already have an account with this website login with your existing user name and password to enable Facebook Connect. From now on you'll be able to use our one click login system with your facebook credentials instead of your current user and password

Alternativley to create a new account using details from your Facebook profile enter your desired user name and password below. These are the details you can use to log into this website if you ever decide to delete your facebook account.

Forgot your password? - Forgot your username?