|
Lunes, 31 de Mayo de 2010 09:39 |
|
Os dous presentadores do Festival do Xallas destacaron a calidade dos participantes nesta nova edición.
“Voume cunha sensación marabillosa, de ver o talento que houbo aquí” comentaba en Radio Líder Sonia Pazos nada máis rematar o Festival. “Por momentos puxéronseme os pelos de punta-dixo Sonia- Houbo un altísimo nivel pero en adultos xa foi impresionante”. A artista xalleira pediu os concursantes que se tomaran isto “como un xogo, que non se desanimen e que sigan traballando”. Idéntica visión a de Fran Allo que entende que “isto debe servir como unha experiencia para vindeiros anos. Aquí cada ano hai máis nivel”. Fran Allo tivo a oportunidade de presentar un dos seus novos temas. “Tiña ganas de presentar esta canción, e anunciou que está preparando un acto de presentación dos seus novos temas, co productor Chema Purón, para o vindeiro mes de xullo (posiblemente o día 9) en Santa Comba. Allo, que presentou as semifinais, estivo acompañado no último día por Sonia Pazos, que tamén interpretou unha canción con este seu amigo.
|