PUBLICIDAD
| Víctor Espasandín debuta na Catedral do fútbol |
| Sábado, 25 de Julio de 2009 09:18 | |
|
O xogador Víctor Espasandín Facal, nacido en Santa Sabiña, participou en Londres no primeiro partido da pretemporada blaugrana fronte o Tottenham Hotspur que finalizou con empate a 1. O XALLEIRO VÍCTOR ESPASANDÍN DEBUTA CO F.C. BARCELONA O xogador, nacido en Santa Sabiña, participou en Londres no primeiro partido da pretemporada blaugrana fronte o Tottenham Hotspur que finalizou con empate a 1. Un xalleiro na “Catedral” do fútbol mundial. Así tamén poderiamos abrir esta noticia, e é que Víctor Espasandín xogaba onte o seu primeiro partido co 1º equipo do Barcelona nun escenario colosal como é o novo Wembley. O coliseo londinense, reconstruido nos últimos anos, foi o fogar para o primeiro partido do “stage” de pretemporada do conxunto que dirixe Pep Guardiola, ademais do lugar do debut de Víctor.
Este é un paso máis para este xogador, que xa entrara nunha convocatoria do 1º equipo nun partido de Liga en Sevilla o 9 de febreiro de 2008, na época de Frank Rijkaard no banquillo culé. Espasandín será unha das pezas importantes do filial azulgrana que dirixe Luís Enrique na nova temporada que vai comenzar. Si o ano pasado o pasou mal por culpa das lesións, a súa presencia na pretemporada co primeiro equipo é un premio para a súa evolución e o seu traballo constante. O domingo pode ter outra oportunidade, tamén en Wembley fronte os egipcios do Al Ahly, quizais compartindo minutos con Leo Messi. E o mellor de todo é que estes éxitos deportivos non o cambian un ápice. Sigue facendo da cordialidade e humildade as súas señas de identidade. Disfruta, sempre que pode, dos seus días libres cos seus familiares e amigos de toda a vida en Santa Comba , sempre accesible a todo o mundo. Incluso se convirte nun magnífico anfitrión cando algún destes amigos o visita na cidade condal. Aínda que o seguinte sone a tópico, non o é : Víctor Espasandín, gran futbolista e mellor persoa.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









