PUBLICIDAD
| “A crise aumentou as necesidades das familias” |
| Jueves, 02 de Agosto de 2012 13:30 | |||
|
A Fundación Amigos de Galicia destaca o convenio co concello de Santa Comba. O responsable da Fundación Amigos de Galicia recoñece que “co aumento do paro aumentan as necesidades das familias e que cada vez son máis” as que necesitan axuda.
Jesús Busto destacou o convenio que desenvolve en colaboración con 70 concellos galegos. Entre eles citou o caso de Santa Comba: “Imaxino que nun ano suporá preto de 70.000 euros en produtos cando o concello aporta 4.000 euros. A diferencia indica a axuda importantísima que presta a fundación”.
Segundo Busto son corenta as familias xalleiras beneficiadas, que reciben 18 produtos de “alimentación básica”, ademáis de outros utensilios de hixiene, material escolar ou mesmo xoguetes polo nadal.
A Fundación Amigos de Galicia conta con 1.000 socios ou patronos e o respaldo de distintas empresas e entidades. Busto afirma que se trata “dunha entidade aberta” e que no seu seo hai “alcaldes do PP, do PSOE e do BNG” .
|



