PUBLICIDAD
| A Festa do Cocido reuniu a preto de 250 persoas |
| Martes, 14 de Febrero de 2012 00:30 | |||
|
O PSOE destaca a “alta participación” ao evento. A IV Festa do Cocido que se celebrou no complexo A Fortaleza cumpriu coas expectativas dos organizadores xa que en palabras do líder local, José Antonio Ucha Velo “está festa vai en aumento” e calculan que case 250 comensais participaron na mesma.
A cita contou coa asistencia dos deputados estatais, Francisco Caamaño e Miguel Cortizo, dos parlamentarios autonómicos, Marisol Soneira, Xosé Manuel Lage e Luis Toxo, do secretario xeral provincial, Salvador Fernández Moreda edo secretario de organización, Emilio Vázquez. Tamén houbo representantes de concellos coma Zas, A Baña, Negreira, Mazaricos, Val do Dubra, Trazo, Oroso, Santiago e Teo.
Ucha explicou que a única condición para asistir o evento era ser “amigos do cocido” afirmando que “aquí non se pregunta a ninguén polas ideas nin polo carné do partido, o único que importa é compartir unha agradable velada na compaña de tantos bós amantes do cocido que queiran rendirlle pleitesía ó prato que vimos desgustar.”
O portavoz socialista aproveitou para agradecer o importante respaldo electoral das últimas eleccións municipais, nas que os socialistas pasaron de 2 a 5 representantes na corporación local, sendo a primera forza da oposición.Ucha Velo tamén tivo unha breve lembranza para o seu compañeiro Angel Souto, exsecretario da agrupación, polo pasamento recente do seu pai.
Desde a Agrupación Socialista de Santa Comba agradeceron a “alta participación” e quixeron remarcar que, aínda que “éste é un acto organizado polo partido socialista, como se poido apreciar as claras nos carteis publicitarios, pretende ser un encontro gastronómico para degustar e exaltar os productos típicos da nosa terra”.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









