PUBLICIDAD
| A xestión da piscina xalleira acabará en pleito |
| Martes, 15 de Noviembre de 2011 21:56 | |||
|
Debate sobre o papel de Aquagest e do goberno local. O Partido Socialista tamén pediu explicacións polo tema da piscina cuberta. José Antonio Ucha Velo lembrou que a empresa concesionaria, Aquagest suspendeu os cursos para nenor que tiña comprometidos por contrato deixando os usuarios nunha situación moi negativa xa que “"Non fan nin cursos nin mantemento".
Para Ucha a responsabilidade tamén é do goberno "porque se trata dun servizo público que vostedes teñen que manter" e dubidou da capacidade de xestión do goberno popular.Antonio Landeira afirmou que mantivera varias xuntanzas con Aquagest, e que precisamente este 15 de novembro rematara o prazo do último requerimento feito a empresa para recuperar os cursos sen resultados positivos. "Queremos solucións, e camiñamos na liña que nos marcan os servizos xurídicos".
A resolución do contrato nos xulgados será a vía máis probable. Landeira Gallardo recoñeceu a existencia dunha débeda por parte do concello, iniciada no mandato de José Toja, pero tamén incidiu no feito de que Aquagest no cumpriu o contrato, non aportando os datos da súa xestión, deixando a un lado o mantemento das instalacións e suspendendo pola súa conta uns cursos.
Javier Facal pediu "defender a vosa postura pero sen esquencer o diálogo e que
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









