PUBLICIDAD
| Acusan o PP de saquear o concello de Carnota |
| Miércoles, 29 de Abril de 2009 09:35 | |||
|
O BNG de Carnota denuncia un incremento de 60.000 euros nas partidas do goberno local e de cargos de confianza. Queixánse de que o goberno popular de José Oreiro non actúa coherentemente cos tempos de crise. A formación que lidera Tomás Freire asegura que con cargo ó orzamento de 2009, aumentáronse considerablemente as partidas para cargos de goberno e personal de confianza. “O alcalde acaba de coller unha dedicación exclusiva de 51.500€ anuais e consolidou o incremento de 8.000€ anuais á súa concelleira máis fiel. Os outros dous asalariados do PP tamén conservan o que tiñan, que non era pouco. En conxunto, os veciños de Carnota darémoslle a estes privilexiados uns 60.000€ máis que no ano 2008, e iso sen contar Seg. Social nin dietas”. Desde o Bloque, tamén denuncian os sobresoldos a varios empregados e “non esquezamos que 8 profesionais acaban de ser despedidos fulminantemente coa excusa da falta de cartos". Opinan que se trata dun saqueo das arcas municipais que está “provocando unha crise de xestión sen precedentes que mantén o noso concello encallado desde que o PP se puxo no timón”.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









