PUBLICIDAD

Banner
Ampliación da ponte do Ribeiro
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 
Jueves, 09 de Agosto de 2012 09:00

ponteribeiro4

Avanza a bo ritmo esta mellora na parroquia de San Cristovo.

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira realizaba esta semana unha visita a parroquia de San Cristovo de Mallón para comprobar o estado de execución das obras de ampliación da ponte de O Ribeiro, que están incluídas no Plan de Obras e Servizos 2011 da Deputación coruñesa.

 

As melloras teñen un orzamento de 55.000 euros e ao parecer estarán rematadas nun par de semanas. Antonio Landeira comentou que se trata “dunha vella petición veciñal que facemos realidade” destacando “o importante servizo que vai prestar a comunidade”.

 

ponteribeiro6

Xunto coa ampliación da ponte en máis de catro metros, o proxecto contempla beirrarúas, e o adecentamento dos accesos a esta estrutura. Na súa visita, o alcalde conversou con varios veciños e co responsable da empresa adxudicataria sobre os últimos detalles da actuación.

 

RADIO ANOSACOSTA

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

Encuestas

¿Qué te parece la camiseta del Xallas?