PUBLICIDAD

Banner
“Apoiamos ao PP porque é o mellor para Santa Comba”
Usar puntuación: / 1
MaloBueno 
Jueves, 19 de Julio de 2012 11:00

DSC_0141

Miguel Pérez defende a contrucción da nova praza xalleira.

Se hoxe fora alcalde, Miguel Pérez volvería a impulsar a construcción dunha praza en Santa Comba, que estos días se encontra en fase de licitación. Está convencido de que se trata dun proxecto positivo e diferente e que servirá “para recuperar unha zona degradada que está como fai corenta anos”.

 

“Hai que crear equipamentos e mellorar a calidade de vida e a condición de Santa Comba como cabeceira comarcal”. E segundo Pérez, este novo espazo contribuirá a ese obxetivo.

 

Na súa entrevista en Radio Xallas, que se pode escoitar completa no blogue www.radioxallas.blogspot.com o ex alcalde xustificou o apoio que está prestando ao goberno popular “xa que o facemos por corresponsabilidade e porque creemos que é o mellor servizo que lle podemos prestar a Santa Comba”. Tamén respaldou a actuación de Antonio Landeira o fronte da alcaldía “porque se está esforzando, e agora que xa coñece o funcionamento municipal, vai a ir mellorando pouco a pouco”.

 

Animou o goberno local a pelexar polo obxetivo prioritario da sociedade xalleira: a mellora da estrada de Santiago, anque dixo confiar nos compromisos da Xunta de Galicia.

 

Pérez Fernández tildou de “acertada” a fusión de Xallas e Santa Comba, pensa que o PP acerta ao dar continuidade a súa liña económica da cal se sente “moi satisfeito”, e cree que está na última etapa da súa vida política. Agradeceu os apoios que tivo para ser alcalde e botou de menos, que non tivera “unha oposición menos ofensiva” naqueles anos.

 

RADIO ANOSACOSTA

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

Encuestas

¿Qué te parece la camiseta del Xallas?