PUBLICIDAD

Banner
“Coa estrada de Santiago hai disponibilidade. Faltan os feitos”
Usar puntuación: / 2
MaloBueno 
Jueves, 05 de Julio de 2012 06:00

DSC_0183

Óliver Silvariño cree que agora “xa toca” a mellora viaria.

O presidente da asociación de empresarios de Santa Comba participou no programa “Na Encrucillada” en Radio Xallas-Radio Obradoiro que se pode sintonizar no 107.5 da FM ou vía on-line no blog www.radioxallas.blogspot.com.

 

Óliver Silvariño fixo un balance positivo do traballo desenvolto pola actualidade e anunciou que nos vindeiros días se porá en marcha unha campaña de promoción do comercio no verán. Ademáis o colectivo patronal traballa nun gran desfile comarcal e nunha nova Outlet antes de rematar este 2012.

 

Pero na entrevista foi preguntado por un dos grandes temas de Santa Comba: as vías de comunicación. Silvariño destacou a boa “disponibilidade” que encontrou na entrevista que xunto o alcalde Antonio Landeira, mantivo co Presidente da Deputación e engadiu que agora “faltan os feitos”.

 

Para os empresarios a estrada “é fundamental e primordial”. Óliver Silvariño amosouse optimista dado o contexto político: “Agora que están todos os colores políticos dunha parte, esperemos que a estrada vaia adiante”.

 

RADIO ANOSACOSTA

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

Encuestas

¿Qué te parece la camiseta del Xallas?