PUBLICIDAD
| “Demos unha palmada na espalda a Santa Comba” |
| Sábado, 21 de Enero de 2012 09:10 | |||
|
Declaracións de Manuel Hombre (PP) sobre o apoio a estrada de Santiago. O voceiro do goberno local de Negreira realizou unhas interesantes declaracións no programa que o compañeiro Emilio Forján presenta na emisora municipal e froito do apoio do bipartito PBN-PP a mellora da estrada de Santiago de Compostela.
Manuel Hombre Porto(PP) ratificou o seu apoio a unha infraestrutura que os xalleiros “teñen comprometida” e a necesidade que haxa unión entre os concellos da bisbarra aínda que precisou que “O noso apoio non vai a ter ningún efecto” e que “ Foi unha palmadiña na espalda os veciños de Santa Comba”.
Ante as críticas recibidas pola oposición de Negreira, Hombre xustificou que “o concello de Santa Comba aforroulle cartos o concello de Negreira”, pola “súa colaboración” aínda que non entrou en especificacións.
“Este foi o primeiro favor que nos pediron” comentou o edil popular en Radio Negreira.
|



