PUBLICIDAD
| Detido en Santa Comba |
| Jueves, 07 de Junio de 2012 12:00 | |||
|
Como presuntor autor dun incendio en Freixeiro.
A Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Santiago , en colaboración cos axentes forestais e das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais do distrito V de Fisterra, veñen de informar da imputación dun cidadán de Santa Comba (A Coruña) coma presunto autor dun incendio forestal no dito concello.
O lume que se lle imputa aconteceu o pasado 1 de xuño, no lugar do Castro, parroquia de San Fins de Freixeiro, concello de Santa Comba, resultando queimados 9.000 metros cadrados de monte arborado.
A orixe do incendio foi pola realización dunha queima forestal, na que non se tomaron as medidas de seguridade preceptivas; e non non progresou máis debido a rápida intervención do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia.
Por estes feitos, instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Negreira. A Policía Autonómica xa ten detido a oitenta e seis persoas no que vai de ano por delitos relacionados cos incendios forestais.
FONTE-CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA XUNTA DE GALICIA
FOTO- WEB DE GALICIA NON SE VENDE
|



