PUBLICIDAD
| Intenso debate sobre a participación veciñal |
| Sábado, 26 de Noviembre de 2011 09:00 | |||
|
Rexeitada unha moción de Terra Galega. No último pleno ordinario do ano tamén se debatiu unha moción presentada por Terra Galega e na que se pedía a creación de “Comisións parroquiais de participación veciñal” para facer partícipes os veciños das decisións municipais. O edil Francisco Ameijeiras falou de que “históricamente” a distribución de obras estaba basada en “pautas anticuadas e suxeitas a maniobras oscuras e o clientelismo” que promovían “diferencias entre cidadáns” , provocando “parroquias condenadas o olvido e outras ben remozadas”.
Para o alcalde Antonio Landeira a parte expositiva da moción era “moi pouco elegante e casi surrealista” xa que estaba impulsada por tres “concelleiros que tiveron responsabilidade de goberno deste axuntamento e que falan de clientelismo político e maniobras escuras”, en referencia os representantes de Tega, Francisco Ameijeiras, Javier Facal e María José Ares. “Esta non sei se foi a súa práctica pero desde logo a nosa non” sinalou Landeira.
O alcalde afirmou que ía a cumprir co compromiso electoral de crear “consellos parroquiais”, matizando que na práctica xa estaban operativos porque “O PP ten ollos e oídos en tódalas parroquias, e cada candidato ten os seus equipos de traballo”. O PSOE respaldou a proposta de Tega, xa que para Ucha a iniciativa representa a “democracia directa”, é “cabal e sensata” é a idea de “crear consellos parroquiais é de sentido común” . Javier Facal(Tega) respondeu as críticas de Landeira argumentando que “se estamos aquí é porque non calamos”.
Ante a exposición da moción, o exalcalde xalleiro Miguel Pérez Fernández asegurou sentirse aludido.“Todas as parroquias participaron do investimento municipal nos meus tres anos de mandato” dixo. Con respecto a proposta en sí, o líder de IXSC votou en contra:“Non a comparto porque o sistema democrático xa determina quen ten que gobernar”.
O pleno aprobou unha moción do PP en contra de violencia de xénero. E o portavoz socialista realizou varios rogos e preguntas, sobre a situación de traballadores municipais, o bando sobre o botellón, o uso do panel led, ou o estado da rúa Lugo. Antonio Landeira explicou, entre outras cousas, que na rúa Lugo “están tapando os buratos pola esixencia que lle fixemos”.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









