PUBLICIDAD

Banner
O goberno impulsará a reforma da praza
Usar puntuación: / 1
MaloBueno 
Sábado, 31 de Diciembre de 2011 12:32

DSC03912

Asumirá os curso de natación. Pleno de máis de catro horas.

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira confirmou que o actual executivo impulsará o proxecto de remodelación da praza do antigo mercado, previsto polo anterior equipo de goberno liderado por Miguel Pérez co apoio do PP. Informou que existe unha prórroga aprobada pola Deputación para licitar a obra e que expira o vindeiro mes de xuño de 2012, se ben a intención do mandatario é que no primeiro trimestre que contratada. A obra suporá un investimento na primeira fase duns 518.806 euros. En total máis de 1,2 millóns de euros.

 

Foi un dos puntos incluídos nunha sesión extraordinaria solicitada polos tres concelleiros de Terra Galega e por dous edís do PSOE. Desde Tega, insistían na súa proposta de que se buscara outro destino para os fondos do mega-proxecto da praza e que se acometeran outro tipo de necesidades, algo que apoiaban os socialistas. Para Landeira é unha “obra importante” que conta co seu apoio, mentras que desde a oposición opinaban que era o momento para abordar outros investimentos máis básicos no territorio.

 

Desde o goberno aproveitaron para incluir dous puntos na orde do día. Foi aprobada por unanimidade a proposta de que o concello asumira a contratación dos cursos de natación da piscina cuberta, ante a polémica plantexada con Aquagest, e que María José Pose Rodríguez fora a representante municipal xunto cunha traballadora municipal na Rede galega de dinamización lingüística. A suplente será Raquel Grille Boga e máis outra traballadora.

 

Houbo fortes discusións entorno a circunstancia de que o consistorio xalleiro estivera pechado o sábado 1 de outubro pola incomparecencia dunha funcionaria. O PP mantivo a súa posición no asunto en medio dunha marea de reproches desde Tega e PSOE. A noticia foi avanzada por Anosacosta, o que motivou que este medio fora varias veces citado na sesión plenaria. Simplemente un medio que publicou unha información en todo momento veraz, e que ante a noticia se puxo en contacto co alcalde de Santa Comba para coñecer a súa opinión e verificar os datos. A noticia foi que o concello estaba pechado e non que o dixera este medio, ou sexa Anosacosta. O día seguinte outros medios se fixeron eco desta situación confirmando a nova anterior.

 

A reducción de fondos do plan concertado foi outro tema de debate. Tega e PSOE criticaron a merma de axudas, que o alcalde cifrou nun 16%.O vocal socialista José Antonio Ucha recriminou que non se incluirá na orde do día os rogos e preguntas, que logo das discrepancias sí se desenvolveu. Foron máis de catro horas dun pleno, que por certo arrancou cun merecido e emocionado minuto de silencio en lembranza do exconcelleiro, Julio Ferreiro Pazos.

 

FOTO-ARQUIVO ANOSACOSTA

 

RADIO ANOSACOSTA

Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner
Banner

I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using

Connect with facebook

Facebook Connect

Hi , login or create a new account below

Login

Register

If you already have an account with this website login with your existing user name and password to enable Facebook Connect. From now on you'll be able to use our one click login system with your facebook credentials instead of your current user and password

Alternativley to create a new account using details from your Facebook profile enter your desired user name and password below. These are the details you can use to log into this website if you ever decide to delete your facebook account.

Forgot your password? - Forgot your username?