PUBLICIDAD
| O concello de Carnota lamenta a actitude dunha mancomunidade. |
| Sábado, 04 de Abril de 2009 14:30 | |||
|
O Concello de Carnota difundiu un comunicado no que explica que non poderá optar a convocatoria de Obradoiros de Emprego ante a negativa da mancomunidade de montes de Pedrafilgueira de ceder uns terreos nos que estaba previsto executar accións deste módulo formativo. Reproducimos íntegramente a nota de prensa que nos remitiron desde o concello de Carnota. O Concello de Carnota non pode optar á convocatoria de Obradoiros de Emprego ante a negativa da Mancomunidade de Montes de Pedrafigueira (CMVMC de Aguillóns e Vaións, Pedramarrada e Carrofeiro) a ceder temporalmente parte dos terrenos mancomunados para levar a cabo alí o proxecto do obradoiro de emprego. O Concello de Carnota redactou un proxecto consistente na adecuación de sendas e espacios naturales para área de recreo e disfrute intergeneracional no Monte do Muiño do Rego (Pedrafigueira); con nunha superficie aproximada de 7069 m2 ademais da rehabilitación do muiño de agua, o canal e o seu entorno, cunha superficie aproximada de 196 m2. A zona que se pretendía adecuar ten unha dimensión importante e consta dunha serie de camiños e sendas peatonales. Aproveitando esta dimensión e os camiños existentes pretendiese invertir en devandito espacio para que se pondera convertir nun lugar de reunión para a celebración de calquera tipo de evento ó aire libre e esparcemento espontáneo dos veciños. O muiño de agua está en estado ruinoso e pretendiese a súa rehabilitación, así como a do seu canal e entorno, para que poidera ser visitado. As actuacións consistirtían na recuperación e mellora dos camiños e sendas peatonales; pavimentación en pedra de parte da área, construcción e colocación de mobiliario; plantación de vegetación e poda e saneado da existente; rehabilitación do conxunto do muiño ca recuperación e mellora do camiño de aproximación ó mesmo.Este espacio no que se pretendía actuar era hasta fai poucos anos de titularidade pública, pero cando se constituiu a Comunidade de Montes foi solicitado pola mesma e foille concedido. Fai uns meses o Concello, para levar a cabo o proxecto de Obradoiro de emprego, necesitou disponibilidade de terrenos. O Equipo de Goberno púxose en contacto ca directiva da CMVMC de Aguillóns e Vaións, Pedramarrada e Carrofeiro, presentoulle o proxecto, que a directiva tivo no seu poder durante dúas semanas para estudialo a fondo e poderllo presentar ós seus comuneiros.A sorpresa para o Concello foi que despois de celebrar unha Asamblea a CMVMC de Aguillóns e Vaións, Pedramarrada e Carrofeiro, decidiu non ceder temporalmente os terrenos de Muiño de Rego, situación ante a cal ó Concello non lle quedou máis remedio que renunciar a presentar a súa solicitude de Obradoiro de Emprego nesta convocatoria, por imposibilidade nos prazos. O desenrolo do proxecto de Obradoiro de Emprego proposto polo Concello de Carnota, non só repercutiría positivamente no entorno natural da área a rehabilitar, no seu aproveitamento lúdico, na promoción da zona como lugar natural para visitar; senón tamén que traería para os veciños do concello opotunidades laborales.O proxecto de Obradoiro de Emprego levaba consigo a contratación de 45 alumnos-traballadores(maiores de 25 anos) por un período de un ano, ademáis de 8 técnicos (monitores, mestre, tutor, arquitecto, administrativo e ordenanza) O Proxecto Técnico a desenvolver ascendía a 1.127.000 € (máis de 187 millóns de pesetas) O Concello de Carnota lamenta profundamente a perda desta oportunidade, tanto na mellora da Área de Muiño de Rego, como no detrimento da situación laboral da zona ante a perda da creación de 53 postos de traballo por un período de 1 ano; esta última circunstancia é realmente sangrante xa o que non sobra nestes momentos e na nosa zona son postos de traballo.O Concello de Carnota concurrirá á próxima convocatoria de Obradoiros de Emprego que sairá no mes de xuño, esta vez con un proxecto diferente no que xa se está a traballar.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









