PUBLICIDAD
| Óscar Pereiro abre a Festa Celta xalleira |
| Viernes, 06 de Julio de 2012 21:48 | |||
|
“Fixemos unha gran Festa e moito máis barata” afirmou Antonio Landeira. A Festa Celta foi inaugurada coas palabras do alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira e do pregoeiro Óscar Pereiro, baixo os ceos anubados que ameazaban o poboado celta do Campo da Feira.
A corporación local estaba representada por Antonio Landeira e os concelleiros populares María Pose. Jacobo Amarelle e Raquel Grille, polo independente José Pose e polo voceiro de Terra Galega, Javier Facal.
Antonio Landeira aproveitando a presenza do ciclista Pereiro fixo un xogo de palabras para convidar a festexar o evento e apostou porque “todos xuntos poidamos pedalear por este tour de cultura, festa e historia”.
Tamén se referiu a organización e asegurou que nesta edición “fixemos máis cousas con menos recursos” e indicou que “con moita imaxinación e traballo logramos que esta Festa Celta sexa un gran evento e resulte moito máis barata”.
Pola súa banda, Óscar Pereiro utilizou o seu celtismo futbolístico para buscar unha conexión coa festa e lanzou varios piropos:”Se os de Santa Comba sodes os máis genuinos descendentes dos celtas, eu tamén quero ser celta”. O ciclista fixo referencia as Brañas de Castriz, a mitoloxía celta, e a lenda de Santa Comba meiga e santa.
Na Casa da Cultura xa se podía ver unha exposición de armaduras e utensilios bélicos medievais, e os postos do mercado xa estaban habilitados no Campo da Feira.
|



