PUBLICIDAD
| Piden a colaboración veciñal contra o lume |
| Martes, 24 de Julio de 2012 06:00 | |||
|
Santa Comba, o concello con máis lumes da provincia. Freixeiro, Bazar e Cícere, zonas de máis lumes.
As autoridades incrementarán a vixianza, e piden a colaboración veciñal para perseguier os delicuentes. Calquera dato é moi valioso, pero tamén confidencial.
Unhas sesenta persoas participaron nunha charla-coloquio, que tiña coma obxetivo intercambiar impresións sobre a problemática dos incendios que preocupan especialmente as autoridades en concellos como Santa Comba. De feito tal é como comentou o alcalde Antonio Landeira e corroboraron desde a Xunta: “Santa Comba é o concello da provincia con máis puntos de lume”.
Os promotores da charla foron o concello, a Garda Civil e a Xunta. Polos primeiros estiveron presentes o alcalde Landeira e o concelleiro de Medio Rural, Juan Carlos Landeira Castro. Pola Garda Civil, o Alférez Julio Padilla, e axentes do Seprona e do posto de Santa Comba e pola Xunta, a responsable do Distrito forestal V, Sara Romero e varios axentes.E por outra banda, alí estaban representantes de distintas entidades veciñais do concello, así como da sociedades locais de Caza e de Pesca.
Julio Pinilla pediu colaboración ciudadana “para que tomemos conciencia del problema, y que la gente nos aporte información porque cualquier pista o indicio nos vale”. Sara Romero alertou da incidencia dos lumes no Xallas, con tres parroquias especialmente “quentes” como Freixeiro, Bazar e Cícere. E Antonio Landeira solicitou o apoio dos veciños para que “Que sepan os pirómanos que este é un tema delicado e que imos a facer por evita-lo” e para colaborar coas autoridades.Despois do debate decidiuse organizar varios charlas informativas, así como participar na asamblea dos cazadores para concienciar do problema.
|



