PUBLICIDAD
| Piden a continuidade dos partidos xudiciais |
| Viernes, 11 de Mayo de 2012 09:16 | |||
|
A corporacións de Negreira e Corcubión adoptaron acordos. O xoves 10 de maio foi o día no que as corporacións locais de Negreira e Corcubión aprobaron por unanimidade respaldar a petición para que non desaparezan as súas respectivas cabeceiras xudiciais.
No concello de Negreira aprobáronse dúas moción rexeitando a desaparición do partido xudicial. Sairon adiante, a moción inicial do PSOE e tamén unha semellante promovida polo grupo de goberno PP-PBN, xa que non houbo acordo nun texto común. As dúas mocións foron aprobadas por unanimidade.
O goberno local socialista de Corcubión tamén plantexou unha proposta adaptaba ao seu propio territorio e que foi aprobada por unanimidade. PP e BNG votaron a favor e incluso os nacionalistas pediron que a iniciativa se trasladase a outros concellos e asociacións da bisbarra.
FOTO- Pleno de Negreira 10 de maio
|



