PUBLICIDAD
| Rexurde a polémica |
| Lunes, 13 de Agosto de 2012 06:00 | |||
|
O conflicto do cemiterio recobra protagonismo no Xallas. A polémica do cemiterio rexurde. Esta fin de semana, e tal e como adiantaba o xornal El Correo Gallego, o párroco xalleiro, Eduardo Prado negouse a acompañar o restos da finada Isolina Beiro Mouro, para que recibiran sepultura. Foi despedida polos operarios da funeraria e por un grupo de familiares e veciños.
O motivo volve a ser o mesmo que provocou unha intensa polémica no 2010 e que segue o seu curso nos xulgados. A controversia dun colectivo veciñal que pagou o 75% dos seus nichos pero que se opón a abonar o resto por diferencias co constructor e que tampouco entenden como deben abonar 250 euros que pide a igrexa para inscribir os nichos.
Deste xeito, o actual párroco mantén o posicionamento do anterior. Os membros da plataforma de afectados creada con anterioridade criticou a actitude do novo cura, xa que agardaban que todo sería diferente coa súa chegada.
|



