PUBLICIDAD
| Santa Comba berra contra a violencia de xénero |
| Sábado, 26 de Noviembre de 2011 00:02 | |||
|
Excelente performance de The Puntillas. O multiusos de Santa Comba acolleu un emotivo acto para conmemorar o día internacional contra a a violencia de xénero, e que contou cunha importante asistencia de público, entre eles o alcalde xalleiro, Antonio Landeira, a concelleira de Servizos Sociais, María Pose, e representantes de PP(Raquel Grille Boga) e PSOE(Dolores García Mata), así coma o teniente de alcalde mazaricano, Manuel Rodríguez Caamaño(PP).
Os actos, organizados polo Centro de Información a Muller, comenzaron cun vídeo no que un feto escribía unha “impactante” carta ao seu pai maltratador, e que contiña unha poesía da xalleira Regina Muñiz Gerpe.
María Pose definiu a Santa Comba coma “un pobo comprometido” e fixo unha homenaxe a tódalas personas falecidas polo malos tratos, incidindo na necesidade de seguir combatendo esa lacra.
E chegou o punto forte da noite. A Escola municipal de teatro “The Puntillas”, baixo a dirección de Xan Solo, realizou unha estupenda performance, onde seis mulleres subían o esceario acompañadas polos berros e insultos dun home, e encadeadas. Despois dunha serie de intervencións e mensaxes acababan liberadas.Os membros de “The Puntillas” foron arroupados por sonoros aplausos, froito da súa excelente actuación.
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









