PUBLICIDAD
| Solidariedade co PSOE de Negreira |
| Jueves, 10 de Noviembre de 2011 15:05 | |||
|
A violencia non pode coartar a actividade democrática. Esta vez tocáballe a sede do Partido Socialista de Negreira. Na madrugada do pasado martes explosionaba un artefacto neste local, composto por bombas de palenque e bombonas de cámping gas.
Desde a Delegación do Goberno apuntan novamente a Resistencia Galega, nun intento de entorpecer a campaña electoral do 20N. A sede socialista xa fora apedreada fai meses. Aínda que non houbo danos personais nin materiais moi sustanciosos o líder do PSOE local, Jorge Tuñas comentaba a posibilidade de que se poidera optar por cambiar de inmoble para evitar riscos as familias do edificio.
O secretario xeral dos socialistas, Pablo García afirmou que “En Galicia non hai espazo, nin para a violencia nin para os violentos”. PP e BNG expresaron a súa solidariedade co PSOE.
Desde esta web tamén queremos achegar a nosa mensaxe de ánimo a familia socialista de Negreira.
FOTO-MITIN PSOE EN NEGREIRA CAMPAÑA 20N
|
RADIO ANOSACOSTA
PUBLICIDAD
I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using
Facebook ConnectHi , login or create a new account below
|
||||||||









