PUBLICIDAD

Banner
Novo clube de balonmano en Santa Comba
Usar puntuación: / 3
MaloBueno 
Miércoles, 23 de Noviembre de 2011 06:13

Equipo Xallas Alevín

O Xallas conta cun novo equipo de balonmano.

O Balonmán Xallas xa está aquí. Segundo nos informa o delegado na provincia da Federación Galega, Bruno López, o histórico clube de fútbol conta xa cunha sección desta modalidade deportiva.

Desde a Federación destacan a laboura de promoción levada a cabo en colaboración co concello de Santa Comba que “tivo unha especial repercusión na vila xalleira, xa que actualmente xa conta co medio centenar de practicantes”.

 

Desde a directiva que preside Pedro Fernández Santos agradecen especialmente o apoio do alcalde Antonio Landeira e da concelleira de Deportes, Raquel Grille “polo apoio amosado dende o primeiro íntre para o desenvolvemento deste novo proxecto deportivo”.

 

Jessica

Tamén mencionan a varias firmas privadas como Deportes Amarelle, Construcciones Barbeira e Hijos, Congelados Albramar, Imprenta Xallas, Deportes Alvite e Restaurante Casa Pego.A día de hoxe , o Balonmán Xallas conta con catro equipos distribuídos nas categorías de alevín e benxamín mixto, infantil feminina, e cadete masculina; este resultado foi posible gracias á colaboración dos colexios Barrié de la Maza, Pepe de Xan Baña, Nuestra Señora Inmaculada e IES Terra de Xallas que facilitaron a promoción e difusión do balonmán entre os máis cativos.

 

A carballesa Jessica Posse, unha das adestradoras da Selección Galega Infantil, é a coordinadora e adestradora do clube, facendose cargo dos catro equipos que compoñen a sección.A pasada fin de semana o Balonmán Xallas concentrou a 150 deportitas de diversos puntos da provincia nos pavillóns de Fontenla e Traba, que estiveron xogando partidos de balonmán ao longo da mañá do sábado, ademáis o equipo cadete masculino desprazouse a Pontevedra a disputar un encontro amigable contra o Teucro, deixando unha boa imaxe e aproveitando para ver o partido de División de Honra B que enfrontou ao Teucro e o Alcobendas.

 

FOTOS- EQUIPO XALLAS ALEVÍN E JESSICA POSE

 

RADIO ANOSACOSTA

Banner
Banner

Twitter

Actualidad Facebook

PUBLICIDAD

Banner
Banner
Banner
Banner
Banner
Banner

I'm sorry myApi login is currently not compatible with Internet Explorer. Download Chrome, that's what all the cool kids are using

Connect with facebook

Facebook Connect

Hi , login or create a new account below

Login

Register

If you already have an account with this website login with your existing user name and password to enable Facebook Connect. From now on you'll be able to use our one click login system with your facebook credentials instead of your current user and password

Alternativley to create a new account using details from your Facebook profile enter your desired user name and password below. These are the details you can use to log into this website if you ever decide to delete your facebook account.

Forgot your password? - Forgot your username?