O coñecido empresario xalleiro Antonio Landeira Gallardo convertiuse no novo Presidente da Asociación de empresarios de Santa Comba, logo do consenso acadado cos membros da outra candidatura que aspiraba a dirixi-la entidade.

Landeira, que  xa foi vicepresidente desta asociación, márcase coma un dos obxetivos “falar co próximo alcalde electo porque a mala sorte que tivo o concello e a asociación é que se chegou a enfrontamentos personais entre dúas personas”, en relación as polémicas vividas entre o alcalde, José Toja e o anterior presidente, Eugenio Pichel.“Queremos desligarnos do partidismo político e imos estar con todos e esixindo ó concello que esté que colabore connosco porque somos unha parte importante da sociedade”, asegura Antonio Landeira, quén indica que a nova xunta directiva ten numerosos proxectos, coma a organización dunha feira multisectorial.