Image

O goberno español ven de respostar a pregunta formulada polo deputado nacionalista Francisco Rodríguez sobre o presunto expolio dun barco afundido na ría de Corcubión e que pertenceu a flota de Felipe II.  Desde o goberno négase que ninguén vencellado a Armada participara no saqueo da embarcación, aínda que recoñecen que o seu equipo de mergulladores realizou unha inspección no buque. Desde o goberno insisten que "non existe o menor indicio de que o persoal da unidade de mergullo tivera sacado nada do fondo mariño, e menos aínda do citado pecio”.

Segundo se explica no informe "o mergullo no pecio levouse a cabo como actividade rutineira de adestramento no recoñecemento de obxectos afundidos, coa participación de oito mergulladores, en presenza do seu comandante, e apoiados por dous camións en terra, un para transportar material de mergullo e outro contendo a cámara hiperbárica”. O deputado do BNG, Francisco Rodríguez lembraba que o pasado 10 de maio varios mariscadores aseguraban ter visto aos buzos da Armada saír da zona onde está o buque afundido levando obxectos. Posteriormente, varios especialistas deron a voz de alarma á Consellaría de Cultura pola ausencia de pezas deste buque: en concreto oito lingotes de chumbo e unha roda de canón.

Dende anosacosta.com, damos os nosos usuarios rexistrados (e só a os rexistrados) a posibilidade de descargar o arquivo publicado polo goberno español, a través deste enlace:

http://www.anosacosta.com/index.php?option=com_remository&Itemid=10&func=fileinfo&id=6