O Presidente de APTCM( Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte), Manuel Pan Collazo presentou este venres a solicitude dunha entrevista co Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, que ten como motivo interesarse pola posta en marcha do prometido Consorcio de Turismo da Costa da Morte, un ente que no sector consideran básico para un proxecto de futuro para a zona, tendo en conta que o Plan de Dinamización chega ó seu fin. Manuel Pan Collazo cree que o Consorcio de Turismo debería de dar os seus primeiros pasos neste 2.007: " A finais de ano temos que ter un Consorcio encauzado, planificado e se pode ser cunha partida económic con cargo
os orzamentos da Xunta do 2.008", indicoun Pan Collazo. Ademáis desde APTCM veñen de crear un Bolsa de Emprego no sector e seguen ofrecendo asesoramento na oficina que teñen en Corcubión.