O pasado mercores 1 de agosto, a Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte,  tivo unha xuntanza cos informadores turísticos da zona, onde se lles informou de certos asuntos e tamén se atenderon as súas apreciacións.

1. A APTCM vistos os problemas de loxística que ten o material informativo de administracións como a Deputación e a Xunta, incluido o Plan de Dinamización turística, decidiu poñerse en contacto con todos eles para centralizar o material que poida ser usado polos informadores en tres puntos da Costa da Morte; a oficina da asociaciónen Corcubión, o Castelo de Vimianzo e a Oficina de Turismo de Carballo. Estes serán puntos de referencia onde o resto das oficinas contarán con stock suficiente deste material e ao mesmo tempo tamén será referencia para que todos os concellos, empresas e entidades da zona que teñan material para achegarlles a estes informadores o poidan deixar nes tres puntos loxísticos.

2. En coordinación coa Dirección Xeral de Turismo, crearonse duas ferramentas para a recollida dos datos dos visitantes das oficinas de turismo, un soporte para recoller os datos a man, e outro en soporte dixital, que permite tratar estes datos informaticamente. o obxetivo é saber o perfil do usuario destas oficinas, e tamén saber o qeu reclaman. Os informadores mostraronse moi receptivos a esta iniciativa, cousa que agradecemos por parte da asociación e quedaron en remitirnos estes datos á nosa central cada mes do ano.

3. Por parte dos informadores fixeronsenos unhas interesantisimas aportacións, que por suposto van a ser tidas moi en conta, a primeira, o interese de moitos turistas por rutas para facer a pe e en bicicleta, detectándose tamén as poucas rutas que hai sinalizadas na zona e o falta de divulgacion das mesmas, xa que soen ser accións municipais das qeu os outros concellos da Costa da Morte non teñen información. O outro punto importante é a referencia ao transporte público, os informadores vense impotentes á hora de poder darlle unha resposta ao turista de como sair ou como chegar á Costa da Morte, e eso é incrible, tendo en conta que esta segrgación ven en pleno agosto e sin unha coordinación previa. polo cal a nos a Asociación fai a seguinte valoración. «entre un 10 e un 15% dos visitantes que chegan á Costa da Morte non chegan en vehículo propio, polo cal en algún momento precisan usar o transporte público, que na Costa da Morte se limita ás liñas de autobús. Por esto mesmo, parécenos un perxuicio importante para a imaxe da Costa da Morte, que se autorice unha segregación deste servizo, sen previamente acordar os horarios a cumprir e darlles publicidade aos mesmos, neste intres, en plena tempada alta, é imposible saber cales son os horarios e os trasbordos precisos para chegar ou sair da Costa da Morte ata a Coruña ou Santiago, así como as rutas interiores. Polo que demandamos tanto da consellería de Política Territorial como das empresas concesionarias do servizo unha resposta inmediata a esta necesidade de coordinación, e que se fagan públicos os horarios coordinados de toda a Costa da Morte, así como dos cambios que se realicen nos mesmos».