O Concello de Zás quere o Parque de Megalitismo

O Concello de Zas aspira a contar co centro de interpretación do parque de megalitismo da Costa da Morte.A solicitude ampàrase na ubicación xeográfica do municipio e tamén "na gran riqueza existente no concello no relativo ao patrimonio arqueolóxico", con 79 mámoas, 9 castros,3 xacementos, torres, castelos medievais, e dous dólmens.Tamén desde o concello se refiren a grande "xoia" megalítica: A Pedra da Arca.Os concelleiros aprobaron por unanimidade unha proposta do Partido Popular para demandar que os veciños teñan a posibilidade de elixir libremente  entre os servicios dos Puntos de atención continuada de Vimianzo e Santa Comba.O equipo de goberno presidido por Manuel Muiño pedirá as autoridades competentes medidas para paliar os atascos de tráfico na travesía de Coristanco, mediante  a regulación do mesmo por parte de axentes, e optando por apaga-lo semáforo existente.

Polémica en Santa Comba

 Varias personas expresaron o seu malestar en Santa Comba pola decisión do goberno local de manter pechada a gardería municipal ata o vindeiro 20 de setembro.Coincidindo co proceso selectivo de novo personal, o alcalde socialista José Antonio Ucha comunicou, parece ser, ós usuarios da gardería que esta se ía a pechar ata o vindeiro día 20.A decisión está causando un importante malestar nun colectivo de nais e pais, que solicitaron o goberno que non se pechase neste tempo a gardería, polos perxuizos que lles causaría.A decisión está tomada, e un grupo de pais poderían iniciar nas vindeiras horas algunha medida de protesta contra o goberno local, reclamando a apertura da gardería municipal.