• Iniciativa Medio Ambiental en Camariñas
  • Touriño e as infraestructuras

Iniciativa Medio Ambiental en Camariñas

O concello de Camariñas sacaba hoxe a concurso  o traballo de consultoría e asistencia técnica para a redacción dun proxecto e dun estudio de caracterización e ordenación paisaxística da costa de Camariñas entre Cabo Vilán e Santa Mariña e tamén de acondicionamento da senda da ribeira do coto do río Grande de Ponte do Porto.  O proxecto conta cun orzamento de 75.000 euros e un prazo de execución de catro meses.

Touriño e as infraestructuras

A visita do Presidente da Xunta este mércores a Lira, puxo de novo na primeira plana o asunto das infraestructuras na Costa da   Morte.          Emilio Pérez Touriño asegurou que “o 30 de outubro abriránse as plicas para a vía de alta capacidade da Costa da Morte”, en un prazo posterior de seis meses quedará resolta a súa adxudicación, que ascende a 250 millóns de euros.