Nos últimas datas estamos recibindo na nosa redacción, varios mails nos que os cibernautas nos trasmiten a súas inquedanzas. Un dos temas é  preocupación por determinados comentarios que se publican nos foros. Anosacosta.com nunca exerciu ningún tipo de censura e permitiu sempre que as persoas poideran escribir de xeito anónimo. Creemos na liberdade de expresión, agradecemos que con dous anos de vida, moitas personas nos visiten diariamente. A pesares de que os membros deste equipo temos outras ocupacións, ilusiónanos o respaldo de tanta xente. Con todo isto, non podemos obviar aquel dito de que "a nosa liberdade remata onde comenza  a do veciño", e hoxe queremos pedir ós nosos navegantes que se absteñan de escribir palabras ofensivas e malsonantes. Creemos na pluralidade ideolóxica, e no debate, pero todo aderezado con educación e corrección.