O secretario da entidade supracomarcal "Neria" participou en Protagonistas Noroeste de Punto Radio(107.9FM), e expresou a súa convicción de que os vindeiros meses serán moi importantes para o futuro da bisbarra, asegurando que non estaba en contra da creación  do Consorcio de Turismo:"Non nos opoñemos ó consorcio se este funciona. Na Costa da Morte somos moi dados ós chiringuitos. Queremos que sexa un Consorcio representativo do sector. Xan García tamén pediu que a entidade "non se convirta nun chiringuito  para servir a un determinado partido político". Puxo como exemplo unha foto aparecida nos medios, onde os  persoeiros que aparecían falando do Consorcio eran do BNG. García pediu que non se fixera política partidaria e dixo que é fundamental "e que se creen vieiros de entendemento".