Luz verde para a  concentración parcelaria de Arantón e Santa Sabina.
 
A Consellería do Medio Rural acaba de  publicar a   declaración de impacto ambiental do proxecto de concentración parcelaria en Santa Sabina e Arantón, por parte do departamento de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A mellora afectará a unhas 1.429 hectáreas, despois de que se excluiran os valores naturais e etnográficos. Desde o concello xalleiro, esperan que os traballos comencen antes de rematar o ano.
 
A Laracha  adxudica o seu parque eólico singular
 
O Concello de A Laracha adxudicou a concesión do seu parque eóligo singular a empresa Eolicia, por un espazo de 25 anos. A contraprestación para o concello consiste nun canon anul de 60.000 euros, máis o 18% da facturación neta do devandito parque.
 
A FEPLAC denuncia a consellería do Medio Rural.
 
A Federación de productores lácteos ven de denunciar a Xunta de Galicia polo impago da prima única do 2.005 e 2.006 a varios gandeiros galegos, a pesares de rematar o prazo oficial. Critican a actitude de "pasotismo e desprecio" do departamento que dirixe Alfredo Suárez Canal.
 
O Sector cunícula perdiu 840.000 euros na zona.
 
Segundo Unións Agrarias, os productores de Bergantiños, Soneira-Fisterra e Barcala-Xallas tiveron no que vai de ano unhas perdas de 840.000 euros por mor da crise do sector.O sindicato pide apoio a administración mediante axudas directas, exencións fiscais e intervencións de canais. Opinan de que a subida do prezo dos piensos e a caída dos prezos fan "insostible" esta situación.