Image
O responsable en Galicia da Feplac expresou o seu malestar polo que considera coma o incremento dos ataques dos lobos ó gando e recriminou a Xunta de Galicia o feito de "estar cultivando alimañas mortas de fame polos montes". Xaquín López asegura que só se pagan un 16% dos danos destes animais.

López denuncia que "A Consellería de Medio Ambiente parece que está para outras cousas e para outros favores", pero asegura " que se nos insulta a intelixancia cando nos din que son cans asilvestrados, pero o certo é que os ataques dos lobos aumenta cunha velocidade terrible".

Image

"Non podemos permitir que os lobos estean comendo tódolos días filetes de vaca", comenta o responsable da Feplac que advirte "que o sector non pode seguir aguantando esta situación e que ademáis se nos acuse de fraude".

"Estannos tomando a cachondeo" afirma o dirixente agrario, que tamén informa que está estudiando as posibles medidas xudiciais, xa que considera que está sendo vítima dunha campaña por parte das administracións, que acusaban de finxir os ataques do lobo para percibir axudas económicas. Xaquín López lamenta que se leven a cabo estas accións co apoio dos medios de comunicación públicos.