Image
Ofrecemos un boletín informativo con varias noticias, que falan dos concellos de Camariñas, Zas, Ponteceso e sobre un novo Confidencial que publicamos hoxe en Anosacosta.

Novo Confidencial para os usuarios rexistrados

Anosacosta poñe hoxe a disposición dos seus usuarios rexistrados un novo Confidencial de carácter político, e que se pode consultar nesta sección. Esperemos seguir actualizando esta sección tan demandada polos nosos lectores.

Investimento para Zas.

A Deputación provincial  da Coruña destina 57.165 euros para financiar o proxecto de urbanización e modernización das rúas comerciais de Baio. Salvador Fernández e Manuel Muiño asinan o convenio este luns.

Especial sobre Mourelle de la Rúa

El Periódico de Bergantiños, Xallas e Costa da Morte publica no seu novo número que aparece este martes, 23 de xuño., unha reportaxe sobre a biografía do ilustre navegante e explorador cormelán, Francisco Antonio Mourelle de la Rúa.

Irmanamento entre Camariñas e Ingenio

Camariñas ven de irmanarse co concello canario de Villa de Ingenio.  A sinatura deste acordo realizouse nas illas canarias. Ata se desprazou unha comitiva camariñana presidida polo concelleiro de Desenvolvemento, Encaixe, Turismo e Traballo Sergio Caamaño, e a directora da Mostra do Encaixe de Camariñas, Mª Dolores Lema.