Image
A biblioteca municipal de Santa Comba acolleu a presentación da I Feira do Libro de Santa Comba, que se celebrará desde este xoves e ata o vindeiro domingo 28 de xuño.

O representante da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fernández  calificou de orgullo poder organizar este evento que nace “con vontade de continuidade”  e destacou a importancia de poder “levar os libros a rúa para potenciar a lectura”.

A Directora da Feira, Isabel Ares  agradeceu o apoio da concellería de Cultura a “unha idea que me rondaba a cabeza desde fai tempo”  e “a este goberno que está no poder”. Ares explicou o programa, destacou a presencia de autores coma Lois Oreiro, David Durán, Rafael Lema, Alicia Baña ou Manuel Quintáns, e a cantidade de actos que se organizan entorno a esta actividade.

Image

O concelleiro de Cultura , Javier Facal afirmou que a intención de executivo local e “e atraer actividades novas e lúdicas”, e asegurou que “imos a pasar uns días completiños”.Pola súa parte o alcalde de Santa Comba, Miguel Pérez salientou que con esta Feira “acercamos unha nova actividade cultural a cidadanía cun programa atractivo”, convidando os veciños a que participaran nas distintas actividades. “É moi importante dinamizar o noso pobo en tódalas súas vertientes”, afirmou Pérez Fernández.

Image

PROGRAMA FEIRA DO LIBRO

Día 25 de xuño. Xoves

11.00    Apertura da feira.
12.45 Actuación do Grupo de Gaitas do Concello de Santa Comba.
13.00 Pregón inaugural do escritor e xornalista Lois Oreiro (veciño de Brandomil-Zas pero moi ligado a Santa Comba)
18.00 Actividades para nenos: A maxia metida nunha maleta, con Fátima e David.
20.00 Presentación de libros.
21.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 26 de xuño. Venres.

12.00 Obradoiro de marcapáxinas, realizado por Cucarandainas.
18.00 Actividades para nenos: O bardo Abelardo. Divertido contacontos a cargo de Servando Barreiro.
19.00 Charla coloquio do escritor Francisco Narla arredor do seu libro Los lobos del centeno, publicado pola editorial AVA.  Ao remate do acto, o escritor asinará exemplares do seu libro.
20.30 O escritor (e músico) xalleiro David Durán Arufe presenta o seu libro Palabras xordas para oídos necios, publicado por 3C3 Editores.  Xunto co autor, participarán no acto Ana Acuña, Carmen Blanco e Amancio Liñares.
21.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 27 de xuño. Sábado.

12.00 Obradoiro de instrumentos musicais con materiais de refugallo, realizado por As dúas de sempre.
13.00 O escritor e editor Xosé Amancio Liñares Giraut presenta o seu libro El protagonismo de la mujer en las corrientes migratorias españolas, publicado polo Grupo España Exterior.  Xunto co autor, participarán no acto Pilar Cagiao Vila e Francisco Gómez-Soto.
16.00 Festival de baile folclórico, coa participación da Asociación Cultural Xeitura de Esteiro (Muros), Asociación folclórica Simiela (Louro) e a Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Santa Comba.
17.45 Exhibición de bailes de salón levada a cabo por rapaces e rapazas afeccionados do Concello de Santa Comba.
18.30 Actividades para nenos: A compañía de teatro Seisdedos, representa a súa obra O galo Kirico e os seus amigos.Contos e relatos. 
19.30 A escritora Concha Blanco asinará exemplares do seu libro Coa carauta posta, publicado pola editorial Toxosoutos.
20.00 Os escritores Rafael Lema (Crónicas corsarias, Ed. Tambre-Edelvives) e Alicia Baña (Daltonismo vital) presentarán os seus libros.
21.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 28 de xuño.  Domingo.

12.00 Obradoiro de ilustración, a cargo de Fran Riveiro.
18.00 Actividades para nenos.  O tenderete da cachifallada.  Obra de teatro infantil da compañía A Loca Motora. 
19.00 O escritor Pablo Núñez asinará exemplares do seu libro Las hijas del César, publicado por Ediciones El Andén.
20.00 O escritor  Manuel Quintáns López presenta o seu libro Días de muertos, publicado por  3C3 editores.  Xunto co autor, participan no acto Francisco Javier del Valle-Inclán Alsina,  Luís Gonçalves Blasco “Foz” e  Antonio Puentes.
21.00 Fin de festa con humor.  Divertido Monólogo humorístico a cargo de Cándido Pazó.
21.45 Sorteo dun lote de libros.