DSC02155

Unha das atraccións do San Pedro 2011.

Este vindeiro mércores 29 de xuño o Mago Romarís presenta o seu novo espectáculo en Santa Comba. Trátase de “O Castelo Máxico”. Na alameda xalleira instalaráse unha construcción de 45 metros cadrados.

 

DSC02156

No seu interior, un dos grandes magos galegos como é Antonio Romarís ofrecerá catro sesións gratuitas para os asistentes. As funcións serán as 17,00h, 18,00H, 19,00H, e 20,00H.

castillo01

 

O evento está organizado pola concellería de Cultura de Santa Comba. Fai uns días o Mago Romarís visitou o emprazamento onde vai a desenvolver as súas actuacións e comentounos a ilusión que tiña por volver a actuar no concello. Pero esta vez cun formato totalmente distinto, pero que promete ser un éxito.