O concello de Carballo decidiu suspender o concurso público para a adxudicación do servizo integral da auga no concello de Carballo por “prudencia” ante a existencia dun recurso especial presentado pola empresa FCC Aqualia.

Aínda que o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais(TARC) non impediu que se continuará co procedemento desde o goberno local prefiren agardar a resolución deste organismo.

O importante do contrato para a xestión do “Ciclo Integral da Auga en Carballo” supera os 49 millóns de euros,por un prazo de 20 anos e unha posible prórroga de cinco.Hai oito empresas que aspiran a adxudicación.