O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, anunciou en Caión que tan pronto como as condicións climatolóxicas e marítimas o permitan, técnicos de Portos de Galicia desprazaranse a Caión para ver, comprobar, avaliar e, por último, proceder a reparar os danos á maior celeridade posible.

 

No marco dunha rolda de visitas a distintos peiraos da Costa da Morte para comprobar os efectos dos temporais, Durán visitou esta localidade mariñeira do concello de A Laracha, acompañado polo alcalde, José Manuel López Varela, e por membros do goberno local e da confraría de pescadores de Caión.

 

As maiores incidencias tiveron lugar no extremo interior do dique de abrigo.O alcalde de A Laracha agradeceu o interese do presidente de Portos e a rápida resposta dada.