O director Ignacio Vilar comezará a segunda fase da rodaxe da película “Sicixia” o vindeiro luns 22 de febreiro en varios lugares da Costa da Morte, distribuídos polos concellos Carnota, Dumbría, Fisterra, Muxía, Camariñas, Cabana de Bergantiños, Carballo, Cee e Cerceda.

 

 

Durante varias semanas a película protagonizada por Monti Castiñeiras e Marta Lado, captará imaxes en lugares emblemáticos como Monte Branco e Area do Trece (Camariñas) A Fervenza do Ézaro(Dumbría) ou Monte Pindo(Carnota).Os promotores de “Sicixia” indican que este filme é “unha historia para escoitar a vida na Costa da Morte”. A primeira fase tivo como referencia a Rapa das Bestas de Sabucedo(A Estrada). Aseguran que a proposta de Ignacio Vilar aposta por experimentar dun diálogo entre a ficción e o documental.

IMG_6090

 

A película ten como fío argumental a historia de amor entre Xiao, un enxeñeiro de son, e Olalla, unha recolledora de algas, na Costa da Morte.

 

 

IMG_6176