O SLG presentou alegacións contra o proxecto “Isabela II”

Por o 19 febrero, 2016

O Sindicato Labrego Galego presentou alegacións contra o proxecto de investigación mineira Isabela II, que impulsa o Grupo M-FM 2001 e que afecta os concellos de Zas, Vimianzo, Santa Comba e Coristanco.A coordinadora da loita contra a minaría salvaxe do SLG, Margarida Prieto Ledo foi a encargada de tramitar as alegacions que destacan a ameaza que supón este proxecto para unha zona con máis de 2.000 granxas de vacún.

 

 

Desde o Sindicato Labrego Galego enténdese que estas iniciativas mineiras son incompatibles coa riqueza agrícola, forestal, silvícola, gandeira, turística e paisaxística da Costa da Morte.

area_de_investigacion_mineira_isabela_ii

Isabela II non é o único proxecto mineiro previsto na Costa da Morte

Concretamente o sindicato lembra que nos concellos de Zas, Vimianzo, Santa Comba e Coristanco o sector gandeiro e o forestal dan traballo a máis de 28.000 persoas, con 1.416 explotacións de vacún, que se supera as 2.138 explotacións sumando outros concellos afectados por outros proxectos como A Baña ou Mazaricos.

O Sindicato Labrego Galego expresou a súa total oposición a estes proxectos e incidiu en que a mesma empresa ten conceido un permiso de investigación chamado “Livia” e que afecta os concellos de A Baña, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas, e tamén se pretende xestionar outros (Grixoa e Vilar) que se desenvolverían en Santa Comba e Zas.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información