O Bloque Nacionalista Galego de Carballo ven de estrear unha nova web www.bngcarballo.gal que pretende dar a coñecer a actividade que desenvolve o grupo municipal.

 

Fontes nacionalistas confirman que o deseño está orientado a unha lectura cómoda e sinxela, e xa na portada figura toda a información esencial como o enderezo de correo electrónico, accesos a Facebook e Twitter ou a versión dixital do boletín “O Anllóns”.

 

Tamén hai un apartado onde figuran tódolos concelleiros do BNG no municipio con ligazóns os seus perfís nas redes sociais para que os veciños poidan contactar. A nova web está realizada pola empresa donCLIC. Desde os últimos comicios municipais o BNG goberna con maioría absoluta o concello de Carballo