Os populares agardan que as demáis forzas políticas do concello respalden a proposta de bonificación dun 90% na cota.

 

O voceiro do Partido Popular de Coristanco, Juan García Velo presentou no rexistro xeral do concello, unha moción para o establecemento dunha bonificación no IBI, imposto de bens inmobles, para as explotacións agrícolas e gandeiras do municipio.Os populares agardan que os demáis grupos políticos apoien a súa proposta para que os bens inmobles urbanos vencellados a actividades agrícolas e gandeiras se beneficien dunha rebaixa do 90% da cota íntegra.

 

“O sector agrogandeiro é relevante no concello de Coristanco, e penso que debemos darlle unha especial protección desde as administracións porque son unha parte indispensable” lembrou Juan García.No texto da moción explícase debidamente a necesidade de modificar a ordenanza fiscal que regula estes impostos e as condicións para acreditan a condición necesaria para ser beneficiaría dunhas bonificacións que desde o Partido Popular se consideran “importante para os nosos veciños”.

 

Fonte-Nota de prensa do Partido Popular de Coristanco