A Costa da Morte te un novo deputado no Parlamento de Galicia. O laxeiro Ambrosio Oróns Baña tomou posesión esta mañá, en substitución do novo alcalde de Noia, Santiago Freire.

Oróns Baña deixara a primeira liña política despois de ser portavoz municipal e concelleiro en Laxe, pero agora afronta o treito final do mandato como deputado.

Ambrosio Oróns Baña é licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte (Universidade da Coruña) a adestrador de fútbol e natación. Pertence ao Partido Popular de Galicia.