O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou durante a xornada de hoxe unha visita institucional aos concellos de Ponteceso e Laxe.

 

González lembrou que os plans POS, PAI e de Acción Social deixan na Costa da Morte investimentos por importe de 13,5 millóns de euros “Son investimentos importantes, que contribuén a xerar emprego e actividade económica e a mellorar moitos dos servizos e infraestruturas municipais”, afirmou González Formoso.

 

En Ponteceso, foi recibido polo alcalde, Lois García Carballido(PSOE), e despois visitou a área recreativa de Balarés, e o polígono industrial de Tella. Formoso anunciou que o organismo provincial está traballando nun Plan de Emprego que estará dotado con seis millóns de euros. Posteriormente, Valentín González visitou o concello de Laxe onde se reuniu alcalde José Manuel Mouzo(PSOE).

 

loiscarballidodeputacion