Un accidente de tráfico no concello de Santa Comba saldouse cunha persoa excarcerada. O CAE 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro ás 00:45 horas desta madrugada.

 

Foi un particular o que alertou que sufrira unha saída de vía. Decontado, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santa Comba, que liberaron a unha persoa que quedara atrapada dentro do vehículo. Urxencias Médicas, tamén alertado polo persoal do 112 Galicia, trasladou á persoa ferida a un centro sanitario de referencia. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil de Santa Comba e da Garda Civil de Tráfico.

 

Texto- Fonte- CAE 112